Na tarde hoxe, traémosvos a un dos locais máis míticos da cidade, ¿aínda non te pasaches?
CaféCultural Auriense
Praza do Correxidor, 11, Ourense.
Horario: 18:00h – 03:00h (Luns a Domingo)
Web: http://cafeauriense.eu
No Casco Vello ourensán, no alto da Praza do Correxidor, atópase o Café Cultural Auriense. O seu nome fai referencia ao primeiro nome que obtivo a cidade coa chegada dos romanos. Tamén pola agrupación cultural nacionalista formada na ditadura franquista que se reunía neste centro. Leva un total de 17 anos como café apoiando a cultura.
Actualmente, este local cultural é un referente a nivel nacional e podemos dicir que inclusive mundial, xa que se celébran concertos tanto de grupos galegos e nacionais coma internacionais coa axuda das promotoras galegas. É referente á hora de actuacións en directo ou acústicos.
Pero non todo é música; os libros, as charlas nacionalistas, feministas, políticas… están sempre presentes. Así como actuacións de performance ou monólogos.
É un local moi importante a nivel social. Aí debatíronse temas coma o caso do Prestige ou a loita do Sáhara.
É un claro exemplo de apoio á cultura e escea local reivindicando sempre o galego, de aí tamén a súa colaboración co OurenRock Sound. Ano tras ano conta cunha programación bastante extensa na que existe un oco para a música, a fotografía, o óleo, a bisutería, a maxia, o teatro, a poesía, os documentais…
Todo isto pode, ademáis, ir acompañado dunha ampla variedade de bebidas: infusións, cafés, licores galegos, cervexas de adega ou copas combinadas. Un lugar perfecto para debatir, escoitar boa música ou disfrutar de calquera evento.
Un ambiente moi familiar e sobre todo, 100% galego.