Zona de Acampada

Durante os días que dura o OUREN SOUND FEST, 26 e 27 maio de 2023, teredes á vosa disposición un amplo espazo axardinado ao aire libre para realizar acampada ou estacionar a vosa camper

Ademáis, hai duchas á vosa disposición, así coma postos de comida e diferentes tipos de traballos artesáns para mercar. Todo o necesario para facer da estancia en Bemposta unha boa experiencia e que teñades as vosas necesidades cubertas para non preocuparse de nada máis que de disfrutar da boa música e do Festival.

Asimesmo, informamos de que na zona de acampada NON se pode facer lume, nin venda de ningún tipo de bebidas, roupa, etc. Contaremos como noutras edicións con postos de mercado e zona de restauración, con comida vegana.

Tamén están prohibidas as raves, así como deixar os restos de embases, comida e bebida fóra dos puntos habilitados para a súa recollida.

A zona de acampada non conta con servizo de seguridade e vixilancia as 24hrs! A organización non se fai responsable polas perdidas, roubos ou danos que se podan producir nesta zona.

AdminZona Acampada

Patrocinadores principales

Patrocinadores

Colaboradores

Medios Oficias