¿Gústanche as infusións? ¿E fumar? ¡Pois permanece atento!
Rúa da Liberdade, 1, Ourense
O nome de Grândola vén dado da Revolución dos Claveis, en Portugal. A historia desta tetería comezou hai 8 anos cando en principio, doce amigos decidiron adquirir un local no que reunirse, un local sociocultural e destacable. Tras eso, só permaneceron dúas mulleres que, conseguiron establecer un local exitoso e de renome.
Son un punto de referencia tanto no verán cos seus concertos ao aire libre coma no inverno, grazas a actividades coma o taller de costura ca máquina.
Ademáis deso, no baixo do lado, contan cunha tenda especializada en tés de toda clase. Unha esencia natural e bohemia respírase en ámbolos dous locais.
O ambiente defínese como boa música, xente de tódalas idades e conta en exclusiva ata cun club de fumadores.
Afirman colaborar co OurenRock Sound para apoiar a cultura, ademáis de intentares axudar aos proxectos ourensanos e sobre todo, á mocidade da cidade.
Sen dúbida, o mellor lugar para tomar un té, fumar unha cachimba e rodearse de boa compañía.