MERCADO ARTESÁN
POSTOS
Permítense postos de artesáns, música, asociacións culturais, moda, complementos, comercio xusto, artistas gráficos, xoieiros, libreiros, antigüedades, etc.
Non se permiten postos de comida e/ou bebida.
ESPECIFICACIÓNS
Os postos estarán dispostos dentro do recinto de Bemposta, nunha zona próxima aos concertos e á zona de acampada.
Estarán abertos ao público os días 27-28-29 Maio de 2022, días nos que se celebra o OUREN SOUND FEST.
O stand ou elementos de mobiliario a empregar para o posto corren por conta do artesán.
O espazo dispoñible é de 3×3 metros, habilitaremos punto de luz e corrente eléctrica para cada stand.
PREZO
O custe por cada posto é de 70€, e da dereito de entrada e uso durante todo o fin de semana. Acreditaranse dúas persoas por posto.
RESERVA
O prazo para exercer o dereito de reserva dos postos dura dende a presentación destas bases ata o día 10 de MAIO de 2022.
Para facelo, os artesáns deberán cumplimentar o seguinte formulario que se pode ver ao final desde páxina, indicando os seus datos persoais e as características do posto que desexan montar no evento, ou ben enviar un email á seguinte dirección de correo electrónico:
postos@ourensoundfest.com