Condicións Xerais de Uso

Estas condicións deberán ser cumprimentadas por todos os asistentes ao evento. A adquisición da entrada representa a aceptación, por parte do adquiridor, das seguintes Condicións Xerais de Uso:

1. Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada nin será devolto o seu importe.

2. A Organización resérvase o dereito a alterar ou modificar o programa do evento.

3. Resérvase o dereito de admisión.

4. Esta entrada dispón de diferentes medidas de seguridade. A Organización non se fai responsable das entradas que non fosen adquiridas nos puntos de venda oficiais. Toda entrada danada, rota ou con indicios de falsificación, autorizará á Organización a impedir ao seu portador o acceso ao recinto. Nestes casos, a Organización reservarase o dereito a emprender as medidas legais indicadas no punto 13 destas Condicións Xerais de Uso.

5. A admisión queda supeditada ao feito de dispor da entrada completa e en boas condicións. A entrada debe ser canxeada por unha pulseira nas taquillas situadas xunto á entrada ao recinto. A pulseira é o único acceso válido para o recinto dos concertos e máis para o camping.
Esta pulseira é persoal e intransferible: non se poderán retirar pulseiras para outras persoas. A organización colocará a pulseira ao usuario final, que se fai responsable de validar que está correctamente pechada e de conservala en todo momento en perfecto estado. A perda, manipulación ou rotura desta pulseira será penalizada coa expulsión inmediata do recinto. En ningún caso se cambiará unha pulseira en mal estado por outra nin se reporá unha pulseira perdida.

6. No momento de entrar ao recinto, o público pode ser rexistrado segundo a Lei, non permitíndose, en ningún caso, a entrada de comida, bebida e obxectos que poidan ser considerados perigosos pola Organización ou que estean prohibidos pola normativa vixente, así como cámaras fotográficas ou de vídeo, gravadoras ou calquera outro aparello de captación de imaxe e son. En ningún caso se poderá acceder con cans ou outros animais ao recinto dos concertos de noite.

7. Quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual derivados do evento, non podendo o público asistente filmar ou gravar o mesmo sen unha autorización escrita da Organización.

8. En caso de aplazamiento o cancelación, el organizador fijará nueva fecha para el evento, hará una propuesta alternativa o devolverá el importe, de acuerdo con la legislación vigente. Si el evento ha comenzado y se suspende por fuerza mayor no habrá derecho a devolución.

9. A sociedade emisora da entrada non asume en ningún caso as obrigas e responsabilidades que competen á Organización.

10. O público asistente poderá aparecer en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación para a súa posterior difusión promocional.

11. A idade mínima legal para acceder a este tipo de eventos é de 16 anos.

12. A Organización do evento poderá denegar o acceso ou expulsar do recinto ao portador da entrada en caso de incumprimento das presentes Condicións Xerais de Uso ou ben en caso de desatender as indicacións efectuadas polo persoal da Organización. A denegación do acceso ou expulsión tamén se poderán levar a cabo no caso de que, racionalmente, poida preverse que a súa permanencia no recinto supoña unha situación de risco ou perigo para o propio portador ou para os outros asistentes ao evento; por avalancha ou tamén por estados de intoxicación aparente ou potencial, responsabilizándose persoalmente ao portador, en todos os casos, polas súas propias accións e omisións cando estas provoquen lesións a terceiros ou danos en materiais.

13. Todo intento de estafa, substracción, roubo, así como os danos á propiedade privada causados directa ou indirectamente á Organización, autorizan a esta a emprender as medidas legais, tanto civís como penais, que estime oportunas contra os causantes.

14. A posesión desta entrada non outorga o dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con finalidades publicitarias, de mercadotecnia ou de promoción (incluídos os concursos, agasallos e/ou sorteos), asociada ao posuidor da entrada ou terceiro. O incumprimento deste punto obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalización equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Así mesmo quedase anulada a licenza incorporada na presente.

15. Esta entrada hase de custodiar até o día do evento coma se fosen diñeiro en metálico. O comprador da entrada ou a persoa a nome da cal se personaliza a entrada, asume toda responsabilidade no caso de que a súa entrada se presente por duplicado, fotocopiada ou falsificada, perdendo todos os dereitos que esta lle outorga para poder acceder ao evento.

 

 

ACCESO A MENORES

De 15 anos ou menos

Todo menor con 15 ou menos anos de idade que vaia acceder ao recinto de pago do festival debe portar unha pulseira identificativa facilitada pola organización e ir acompañado por polo menos un pai ou nai ou titor/a. Estas pulseiras entréganse na zona de intercambio de abonos por pulseiras. Alí os proxenitores ou titores deben identificar aos/ás seus/súas fillos/as, dar un nº de teléfono de contacto e obter a pulseira ou pulseiras. Deberán mostrar o seu DNI e o do menor e asinar in situ un documento de autorización. A responsabilidade dos menores dentro do recinto do festival é dos seus proxenitores ou titores.

De 16 e 17 anos

Os menores de entre 16 e 18 anos poden acceder ao recinto de pago do festival sen a compañía dunha persoa adulta, pero deben presentar unha autorización asinada por un proxenitor/a ou titor/a, xunto cunha fotocopia do DNI do menor e outra do DNI do proxenitor/a ou titor/a. Na devandita autorización, o/a proxenitor/a ou titor/a autoriza a entrada ao festival e declara o seu coñecemento de que neste se serven bebidas alcohólicas.

AdminCondicións Xerais de Uso

Patrocinadores principales

Patrocinadores

Colaboradores

Medios Oficias