80 VOLTIOS

Dende finales de 2014, uns amigos que proviñan de diferentes bandas de Rock ourensanas e, compartindo unhas cerveciñas – como ten que ser – decidiron unir forzas para cos seus instrumentos e dar vida a un grupo que bautizaron co nome de 80 VOLTIOS. Unha banda de Rock que aúna veteranía e xuventude demostrando, dalgunha maneira, por qué o Rock é algo tan especial que pode unir a diferentes xeracións.

Tintes oitenteros para unha música interpretada con sinceridade que bebe das raíces do noso Rock patrio máis popular e que fai un ano xa a base de cancións propias e versións do maís granado do noso Rock fixeron a 80 VOLTIOS gañarse un sitio na escena ourensana.

Divertirse e tocar as cancións que escoitaron e continúan a escoitar e tan bos momentos que nos fixeron pasar e forman parte da banda sonora das nosas vidas e facer temas propios aportando sempre alo de cada un dos compoñentes e das súas distintas e diferentes influencias e gustos musicais.

Xa teñen un pequeno, pero intenso currículo de actuacións polos distintos escenarios Rockeiros, tanto da capital Ourensana como da provincia e con intención de seguir dándolle ó tema en canto que o corpo aguante.

80 VOLTIOS son:

  • Txinguín (Voz)
  • Luís (Guitarra Solista)
  • Eladio (Guitarras e Coros)
  • Pablo (Baixo e Coros)
  • Nerea (Batería)

 

80 VOLTIOS

 

 

Heredeiros da Crus

Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Lodo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, “A Cuadrilla de Pepa a Loba”, un álbum que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como “Quero josar” ou “O fillo do José”. Beni, alias “o fillo de Ampartio” era o batería nesta formación inicial, un posto que logo ocuparon Pepe Santamaría (entre 1995 e 1999), Marcos Otero (no directo All right Chicago), Pedro Rodríguez alias “Trelles” (no disco Chicarrón) e Manu Gómez a partires da xira do 2012.

Ler máis… 

Dakifarría

Dakidarría é unha banda formada por oito músicos que fusiona ska, reggae e punk-rock e que apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario, sen deixar indiferente a ninguén, unha descarga de festa e compromiso.

Compoñentes do grupo:

Gabri: (guitarra y voz principal)
Simón: (guitarra y voces)
Alejandro Belerdas “Beler”: (trombón)
Israel: (bajo y voces)
Juaki: (trompeta y voces)
Anxo: (saxo barítono)
Carlos: (teclado)
Ximo Tomás Maki: (batería)

Ler máis…

Terbutalina

Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente . Terbutalina é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos da costa oeste amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados.

Desde a súa formación en 2010, este quinteto non parou de tocar, de medrar e divertir a todo o mundo. Estes cinco monógamos e promiscuos galegos pasearon o seu intenso garage-punk por infinidade de festivales e salas. De feito, en 2014 o seu directo levounos a ser seleccionados dentro do circuitoArtistas en Ruta.

Ler máis…

Superoito

Superoito é unha banda galega de garage-rock que en tan só dous anos de traxectoria xa supera os cento cincuenta concertos en directo.

Unha mostra indiscutible da repercusión e pegada que Iván R. Paderne, Xabi Sóñora e Glenn García Carbajal están tendo por toda Galicia desde que presentaron o seu primeiro traballo discográfico longo a principios do ano pasado e que ademais de levalos a actuar nas principais salas e festivales galegos tamén lles axudou a dar os seus primeiros pasos a nivel peninsular visitando cidades como Madrid, Bilbao ou León.

Ler máis…

Festicultores Troupe

Festicultores Troupe cumpren en 2016 once anos de misións polo mundo adiante espallando Festicultura. Para celebralo van de riola cun novo espectáculo, unha proposta sorprendente, alegre e participativa onde a interacción co público é a nota dominante.

O Festicidio Colectivo é unha festa apoteósica, épica, frenética e analxésica. Unha sobredose de trouleo coa que o índice de mortaldade das depresións roza o 101% e ata os máis apoucados viran caralláns e garuleiros.

Ler máis…

Arrhythmia
AcidProyect

AcidProyect é unha banda ourensana que nace en decembro de 2007, cun estilo que se sitúa onde conflúenHard-Rock, Metal, Grunge, Hard Core e incluso Blues e Psicodelia. Tras dedicar 2008 e 2009 a tocar por unha gran cantidade de festivais por toda a xeografía galega, presentan, a comezos de 2010, a súa primeira Demo composta de cinco temas e unha hidden track que cal obtén un moderado éxito rexional. De unha desas cancións,“I can´t keep the faith in the world”, extraen o seu primeiro videoclip.

Ler máis…

Admin80 Voltios

Patrocinadores principales

Patrocinadores

Colaboradores

Medios Oficias