Durante os próximos días falaremos da xente que quere apoiar ao Ourenrock Sound, polo que faremos unha serie de publicacións para que ademáis poidades descubrir novos recunchos onde poder pasar un bo rato. ¡Permanecede atentos!
Praza Maior, 20, Ourense
Horario:
Luns a Venres: 7:00h – Peche
Sábados e Domingos: 11:00h – Peche
O Trampitán é un dos bares máis destacados e coñecidos da Praza Maior. O local leva moitos anos afincado na cidade e o seu nome é en honra a Xan da Cova, nado en Ourense en 1829 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1899. Perito agrimensor de profesión, foi ebanista, inventor e poeta. Recordado polo seu invento do Pirandárgallo, un paraugas universal, que segundo argumentaba,
“bastaba poñelo aberto no curuto do Polo Norte para que as pingueiras da chuvia nin sequera chiscasen a panza do Ecuador da Esfera Terráquea”.
Inventou tamén unha lingua, o trampitán, unha lingua que só el comprendía. Escribiu dúas pezas teatrais en galego, “La Galiciana” (1861) e “María Pita” (1863).
Alí pódese disfrutar dun ambiente agradable, con música rock, jazz, blues… e con clientes moi variados, dende xente maior ata os máis novos da cidade. Contan cunha ampla variedade de licores, cervexas e infusións.
É o lugar escollido por diversos músicos coma Pacho Brea ou Alex Espinosa para realizar as presentación dos seus novos traballos. Pero non todo é música xa que diversos artistas coma pintores ou escritores (María Canosa, Marcos Viso…) escolleron tamén este espazo para a presentación das súas obras.
Decidiron apoiar o OurenRock Sound para que tódolos amantes do rock disfruten da escea galega e nacional ca mellor música.
Se che gusta a arte e a boa música, ¡este é o teu sitio!