Últimas Novidades

Bemposta: A Cidade dos Muchachos

No punMuchachos Bempostato álxido do franquismo, o seminarista Jesús Silva xunto con 15 rapaces pensaron que se podía construír un mundo distinto, onde os nenos fosen o centro da sociedade. Este ambicioso proxecto acabou por chamarse ‘A  Cidade dos Muchachos’ e situouse nunha finca co curioso nome de Bemposta, en Seixalbo (Ourense). Unha cidade onde podes ser alcalde ou trapecista e ter a posibilidade de viaxar por todo o mundo.

Bemposta levou ao extremo o concepto de crear un mundo diferente ata tal punto que o recinto contaba cunha aduana, unha moeda oficial -a coroa- e un pasaporte propio.

 

 

Considerada como a única democracia española durante o franquismo, tamén foi o lugar onde xermolou o primeiro circo formado exclusivamente por nenos.

 

A Cidade dos Muchachos foi pioneira en moitas cousas, pero especialmente en dúas: foi a única democracia española durante o franquismo e tamén foi o lugar onde xermolou o primeiro circo formado exclusivamente por nenos. O  sistema pedagóxico  e organizativo que se empregaba en Bemposta foi obxecto de estudo en distintas universidades por ser considerado un modelo educativo diferente e innovador.  Deste xeito, en Bemposta escápase dunha educación autoritaria e establécese unha relación de diálogo entre profesor e alumno, cun método no que tampouco se usaban libros de texto. Ademais, cada neno recibía unha asignación mensual por asistir a clase. Na Cidade dos Muchachos se ensinaba a pensar e a “descubrir que o mundo era moito máis complexo do que parece. Os profesores trataban de espertar o espírito crítico no alumnado e avogaban por unha mentalidade aberta á realidade social e política do momento.

En Billete Coronas de BempostaBemposta, ademáis de asistir ás clases, os nenos tamén vivían alí e encargábanse do bo funcionamento da cidade participando na limpeza e no mantemento das instalacións. A cidade estaba rexida por un sistema democrático e o alcalde era elixido mediante eleccións. Había un alcalde por cada un dos grupos que formaban Bemposta: as aldeas infantís, o pobo xove e os adultos. Decidíase todo nas asembleas e nas xuntas de goberno formadas polos nenos e adolescentes bemposteños.

Aos primeiros 15 rapaces que formaron Benposta foron uníndose cada vez máis e máis nenos. Miles de mozos pasaron pola Cidade dos Muchachos e para soster esta infraestrutura tiveron que idear unha forma eficaz de financiamento. Ao Padre Silva, que proviña dunha estirpe circense, ocorréuselle unha boa maneira de costear o seu soño: crear un circo.

En Bemposta dábase moita importancia a construír todo coas mans: fabricaban as casas onde durmían e os talleres onde aprendían un oficio. Defínese a filosofía de Bemposta coma unha forma de  

 

“aprender co corpo, aprender coa mente, aprender cos demais e aprender coas mans“.

 

Como o Padre Silva coñecía o mundo do circo, tratou de contratar aos mellores profesores para formar a súa propia compañía circense. Despois dun tempo formando aos artistas, o Padre Silva conseguiu materializar o seu soño nun espectáculo circense moderno con números innovadores e acrobacias complexas. Despois dunha xira por España, saíron do país e a prensa fíxose eco do bo facer na pista dos Muchachos. Acapararon a atención da prensa de todo o mundo e ocuparon portadas de revistas e periódicos.

Cando o circo estaba no seu máximo esplendor, os muchachos viaxaban en tres avións: un destinado ao transporte dos integrantes do circo e todo o persoal auxiliar (costureiras, profesores, etc), no segundo ían os aparatos do circo e todo o necesario para o transcurso das funcións, e no terceiro estaban os animais, principalmente cabalos. Nestas viaxes os bemposteños seguían  formándose e mantiñan a estrutura asemblearia típica de Bemposta. Tamén organizaban visitas culturais en cada unha das cidades que visitaban.

Pero Bemposta era moito máis que circo, tamén foi a sede da primeira Escola de Imaxe e Son de Galicia e ata crearon a súa televisión propia, a Televisión Bemposta. Ademáis, foi un lugar de reunión de moitos partidos políticos da esquerda despois da morde de Franco.

Los Muchachos CircoCo paso do tempo, o ideario de Bemposta expandiuse polo mundo e xurdiron outras “Bempostas” en países como Colombia, Venezuela ou Santo Domingo. Algunhas delas seguen en activo na actualidade. Sen embargo, os problemas da Cidade dos Muchachos comezaron a aparecer a finais da década dos noventa e sobre todo co cambio de século, primeiro foron as dificultades económicas  e despois as xudiciais. A gota que colmou o vaso foi o problema orixinado cuns terreos que foran propiedade de Bemposta e que estaban destinados á construción de vivendas sociais, pero que a Xunta quería converter nun estadio de fútbol.  Este asunto alargouse no tempo xunto cos seus correspondentes litixios xudiciais, o que provocou o empeoramento da saúde do Padre Silva ata súa morte. O circo tampouco era a máquina ben engraxada de anos atrás e xa non producían tantos cartos. Todos os problemas acabaron co peche de Benposta no ano 2004.

A Cidade dos Muchachos e o seu circo conseguiron grandes fitos, descoñecidos pola maioría da xente, como por exemplo ser un dos primeiros grupos españois en actuar no Madison Square Garden de Nova York. Tamén realizaron xiras por todo o mundo e mesmo foron número un en Francia co seu disco ‘Oh-La-La’. A súa historia inspirou libros e graváronse películas e documentais sobre eles. Foron recoñecidos coa espada Samurai do Xapón e co Premio da Paz outorgado pola ONU. Ademáis, recibiron as chaves de cidades coma Berlín e Nova York. Pero todo este éxito viuse eclipsado polas polémicas que rodearon a Bemposta nos últimos anos e que conseguiron levala á difícil situación actual.

Texto extraído do artigo “BENPOSTA: O OCASO DA DEMOCRACIA DOS NENOS DO FRANQUISMO” de Alba Araújo. 

AdminBemposta: A Cidade dos Muchachos
Share this post

Patrocinadores principales

Patrocinadores

Colaboradores

Medios Oficias