Últimas Novidades

Último día para comprar o BONO LANZAMENTO

Hoxe é o último día para poder adquirir entradas para OURENROCK Sound a precio súper reducido. Como sabedes, abrimos a venda de entradas cun bono lanzamento que custa tan só 13 euros, máis gastos de xestión, e ademáis inclúe dereito a acampada durante os dous días que dura o festival, de forma gratuita.

A intencionalidade de esta promoción é a de premiar aos “early adopters”, esas persoas que dende o minuto un nos apoiaron, e se identificaron coa nosa forma de entender os festivais, que teñen ganas de bailar a ritmo de rock galego gracias ós primeiros grupos que confirmamos para compoñer o cartaz do OURENROCK: Dakidarría, Superoito, Konflikto, Bergallazo e Bababoom.

Hoxe en día, que nos custa saber con seguridade o que faremos a próxima fin de semana, entendemos que é complicado planificar a máis de 6 meses vista, ¡pero por eso ten premio mercar con antelación! Queremos a esas cabezas tolas que estes días en que a néboa nos adormila e o frío se nos mete nos pés, xa pensan en andar lixeiros de roupa gastando zapatilla e bailar ó aire libre de novo – entre os pinos de Bemposta, por exemplo.

O que nós prometemos é que daremos que falar, que traballamos día a día para ofrecer o mellor evento posible e garantir a festa e o bó disfrutar, á galega, como a nós nos gusta.

¡Vámola liar!

A partir de mañá, día 15 de Decembro os tickets deixarán de ter o prezo especial de lanzamento – nada é para sempre – e pronto anunciaremos máis confirmacións e detalles sobre o Festival.

 

Merca a túa entrada aquí.

 
Openair Verano

 

AdminÚltimo día para comprar o BONO LANZAMENTO
Share this post

Patrocinadores principales

Patrocinadores

Colaboradores

Medios Oficias