Últimas Novidades

¡Entradas xa á venda!

Entradas á venda. Oferta Bono Lanzamento: 13 euros con dereito a Camping incluído

 

¡Xa podedes mercar as vosas entradas para o OURENROCK Sound 2016!

Dende hoxe mércores 25 de Novembro 2015 ás 11:00 é posible adquirir entradas para asistir ó festival que fará moverse ao recinto de Bemposta (Ourense) a ritmo de #Rock os días 03 e 04 de Xuño de 2016.

Ademáis, os primeiros que aposten por mercar os seus tickets con adianto, posto que aínda faltan varios meses para o evento e moitas sorpresas por revelar, poderán disfrutar de unha oferta de lanzamento que estará dispoñible por tempo limitado.

Dende hoxe, e ata o 15 de Decembro 2015, o bono para os dous días de festival terá un custo de 13 euros máis gastos de xestión coa avantaxe, ademáis do precio reducido, de incluir o dereito a acampada no recinto de Bemposta durante o festival.

O festival garantiza que todas as necesidades dos asistentes estarán ben cubertas para que non teñan que preocuparse de nada máis que de disfrutar da boa música e do entorno natural en que terá lugar o evento: postos de comida, mercadillo, duchas, buses lanzadeira dende Ourense e zona de aparcamento gratuito en Expourense.

As entradas poden mercarse a través da plataforma Musikaze.

¿A qué estades esperando?

 

Admin¡Entradas xa á venda!
Share this post

Patrocinadores principales

Patrocinadores

Colaboradores

Medios Oficias