Últimas Novidades

Navidades a ritmo de Rock

Cambiamos de ano e toca felicitar as festas e enviar bos desexos para o novo calendario.

¡Felices Festas!

Que non se diga que non colaboramos a mandar boas vibras no aninovo. Pero eso sí, as Navidades a celebralas a ritmo de Rock.

 

Merry Christmas Rock

 

 

O 2016 será un ano moi especial para nós por ser o ano no que levaremos a cabo a nosa primeira edición do Festival OURENROCK Sound. E falamos de primeira, porque será a primeira de moitas edicións. Deseñamos esta iniciativa con miras a convertila nunha cita anual de referencia dentro do panorama musical galego, e aseguramosvos que quedaredes con ganas máis e pediredes repetir  ¡prometemos facer todo o posible para que así sexa!

Agora xa quedan tan só uns días para rematar as vacacións – quen as teña – ou a lo menos as datas oficiais para “darlle ó drinking” a gusto. Aínda están por chegar os Reis Magos de Oriente, que como nós somos xa grandiños e sabemos fai tempo que en realidade son os pais, ou a moza, ou a avoa, ou a quen enganemos para facernos un agarimo… estamos a tempo de facer a nosa carta e pedir.

Postos a pedir, non vos olvidedes, estas Festas podedes regalar música, podedes regalar ou pedir #OURENROCK2016.

Xa sabedes que o enlace para conseguir as vosas entradas é este: MUSIKAZE

 

Regala #OURENROCK2016

AdminNavidades a ritmo de Rock
Share this post

Patrocinadores principales

Patrocinadores

Colaboradores

Medios Oficias