¡Non!¡Non se esgotou aínda a xente que decidiu botar unha man e apoiar ao festival!
Rúa Santo Domingo, nº4 (Praza do Ferro), Ourense.
O Roupeiro abriu as súas portas fai case 3 anos. Chámase así debido a un neno, Beltrán, cuxas primeiras verbas foron o seu nome, pero acurtado a “Tatán”.
Súa nai, optou por abrires a tenda con ese nome e ser fiel a unha idea moi clara: A moda ética. Con ela, lanza un negocio no que a selección de marcas pasa por un filtro que se pode dividir en dous criterios clave: o criterio social e o criterio medioambiental. Con esto, quere dicir que as marcas son respetuosas co medio ambiente, coas persoas e cos seus salarios e condicións de traballo.
Ten roupa acorde coa moda na que calquera persoa de calquera idade pode atopar unha prenda libre de esclavitude social ou contaminante co medio. Teñen diferentes estilos os cales se adaptan a esos criterios.
Como moitos comercios, apoian ao #OurenRockSound por ser unha iniciativa cultural moi complexa e arriscada. Citamos textualmente:
“Cando un grupo de xente é valiente por apostares por un proxecto deste tipo, hai que botar unha man, un graniño de area”