Últimas Novidades

O Furancho

Hoxe lembrámonos da nosa ría galega e para elo vos traemos un local que recrea os míticos furanchos. ¡Non te esquezas de ires!

 

O furanchoO Furancho

Praza dos Suaves, 1, Ourense
Horario: Luns a Mércores: 19:00h – 2:00h

Xoves a Domingo: 19:00h – Peche 

O Furancho naceu en Ourense co obxetivo de recrear os furanchos típicos da ría galega, incluíndo o ambiente familiar, os pinchos e o ¿cómo non?, un bo viño.

Así é, que vaias á hora que vaias, poderás atopar dende familias con nenos, xente nova ou xente maior. Un pequeno recuncho no que o sentimento de familia está máis que presente a calquera hora. E ademáis, acompañado de boa música: jazz, funky, rock, blues…

Son conscientes do traballo que existe cos festivais e apoian ao OURENROCK Sound polo traballo, polo apoio á música en galego e pola iniciativa.

Se queres un ambiente familiar basado nos furanchos da ría, ¡este é o teu sitio!

 

O furancho porta

O furancho interior

AdminO Furancho
Share this post

Patrocinadores principales

Patrocinadores

Colaboradores

Medios Oficias