Últimas Novidades

Bar Paris

Hoxe traémosvos un bar situado nunha rúa na que se aprecian unha concentración de tabernas moi importantes na cidade, ¡atentos!

 

Bar Paris Logo
Bar Paris

Rúa Lepanto, 9, Ourense

O bar Paris permanece aberto tras largos anos. Actualmente é froito dunha herencia familiar e segue fiel ao estilo de moitos anos atrás.

No ano 81, os primeiros donos do bar abrírono coa intención de aportar un bo viño tradicional durante o día. En cambio, no ano 92 comezou a facer vida nocturna e dende aquelas, creouse unha mistura dentro do bar no que se combina o mellor rock and roll cunhas boas tapas e ata copas.

O ambiente é tradicional, coa xente de sempre máis a xente nova. Un contraste realmente belo.

A xente do París decidiu colaborar con nós xa que creen convinte que na cidade existan iniciativas coma estas e queren mostrar o seu apoio á música, á mocidade e ao traballo para que Ourense tome un nome.

… ¿Apetécenche uns viños?

 

Bar Paris interior

 

Bar Paris barra

AdminBar Paris
Share this post

Patrocinadores principales

Patrocinadores

Colaboradores

Medios Oficias