¿Queres desfrutar dunha ampla carta de chupitos e boa música? ¡Pois atento!
Rúa Cabeza de Manzaneda, 3, Ourense.
Horario: 15:00h – Peche
O nome do bar Vagalume ven obviamente do galego “Lucecú”. O Vagalume leva funcionando 5 anos nos que as cervexas de importación, a Estrella Galicia, a 1906, os coñecidos chupitos de licor café e as bebidas novedosas cobran unha vital importancia.
Se algunha cousa das mencionadas anteriormente non che convence, tranquilo, contas cunha amplia variedade de chupitos para escoller, todo elo, nun cartaz considerablemente grande con tódolos datos e combinacións.
En canto ao ambiente do bar, atoparás xente nova, xa sexa falando, xogando unha partida de futbolín ou de dardos.
Colaboran co OurenRock Sound para apoiar a música galega e o rock.
Se che gusta a música rock/punk, ¡é o teu sitio!